sábado, 20 de noviembre de 2010

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE ROSALÍA DE CASTRO

Premendo na imaxe atoparedes unha ligazón onde están os paneis da exposición "Rosalía sempre viva" así como a unidade didáctica e un audiovisual que a completa e facilita o traballo co alumnado.
Con esta exposición, comisariada por Diego Pardo Amado, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos quere facer o seu contributo á celebración do 125 aniversario do falecimento de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal.