miércoles, 4 de mayo de 2011

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL


Premendo na imaxe accederase á Biblioteca Dixital Mundial unha web que reúne mapas, textos, fotos, películas... de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias culturais das bibliotecas do planeta.
Cada xoia da cultura universal aparece acompañada dunha breve explicación do seu contido e o seu significado. Os documentos foron escaneados e incorporados no seu idioma orixinal, pero as explicacións aparecen en sete linguas, entre elas, o español.
A biblioteca comeza cuns 1200 documentos, pero foi pensada para recibir un número ilimitado de textos, gravados, mapas, fotografías e ilustracións.
Cun simple clic pódense pasar as páxinas dun libro, acercar ou alonxar textos e movelos en todos os sentidos. A excelente definición das imaxes permite unha lectura cómoda e minuciosa.
En resumo, unha verdaderia xoia!