lunes, 16 de mayo de 2011

17 DE MAIO, DÍA DE INTERNET

Cada ano o 17 de maio, a Unión Internacional de Telecomunicacións celebra o día mundial das Telecomunicacións que conmemora a fundación da organización en París en 1865.
E ademais, a comunidade internauta liderada pola Asociación de Usuarios de Internet (AUI) desde o 17 de maio de 2006 convoca o "Día de Internet" en España para promocionar o uso da rede e a Sociedade da Información. O obxectivo da celebración do "Día de Internet" é promover o uso desta vía de comunicación, mediante un papel máis activo nesa tarefa de convencer por parte das persoas máis próximas como son a familia, a escola ou a Universidade.
Premendo na imaxe accederemos a unha serie de lecturas relacionadas coa conmemoración desta data.