Canto sabes de Internet? Necesitas consello? Que debes facer se te sentes acosado? Esta e moita información máis podemos atopala en "NAVEGA TRANKI" a web da Fundación Bip Bip para vós. Pódese acceder a ela premendo na imaxe.
A nosa Biblioteca pertence ao Plan Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia dende o curso 2007 - 2008.
Cada ano elaboramos un Proxecto para a nosa biblioteca no que está implicada toda a comunidade educativa.
Este curso titúlase "Valores arredor dos autores"