martes, 23 de noviembre de 2010

ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS

En Santiago de Compostela terá lugar durante o mes de decembro a representación por parte da Compañía "Títeres Cachirulo" dunha fantástica recreación para marionetas baseada na obra "Alicia no país das marabillas". Conducidos polo coello branco, seguiremos con espectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico que late debaixo da terra.
As funcións terán lugar na ARTeria Noroeste (Rúa Salvadas 2A.
Parque de Vista Alegre. Santiago de Compostela)